O Circuito Xacobeo faise realidade no ano 2.009 despois de 10 anos de proxectos deliniacion topografia tramites burocráticos documentación e o laborioso traballo aportando os materiais necesarios para a realización das instalacions zona de boxes zona de verificacións administrativas técnicas organización pulperÃa recreo y publico tamen realizando o trazado da pista e talud de protección en todo o seu trazado para os vehÃculos participantes zona de servicios sanitarios cronometraje y comisarios de pista sin olvidar o incansable traballo de moita xente para sacar adiante esta iniciativa vinculada nun principio aos deportes do motor, pero que se pretende extender a outras iniciativas de lecer e tempo libre. Os traballos de acondicionamiento levados a cabo permiten desenvolver neste recinto todo tipo de deportes relacionados co motor (autocross, motocross, supercross, quads,...), facéndose extensible como antes se mencionaba a outras iniciativas como bicicross, descenso mtb, aeromodelismo, etc.
A idea naceu para dar resposta a necesidade de dotar a Santiago de Compostela e a súa comarca, en concreto, e o centro de Galicia, en xeral, dun espazo para prácticar este tipo de actividades. De sobra é coñecida a grande afición que existe polos deportes do motor en Galicia e o importante número de deportistas do mundo do motor cos que contamos e súa contrastada calidade.
Os criterios deportivos e de seguridade a satisfacer baseánse na regulamentación autonómica, nacional e internacional que aportan as distintas federacións, que son quen establecen as distintas necesidades que deben satisfacer as instalacións segudo o tipo de competicións que se realicen.
O Circuito Xacobeo está situado en Lavacolla, preto de Santiago de Compostela, entre o aeroporto e as instalcións da TVG, na estrada Santiago-Lugo N-547, contando con unhas fermosas vistas, nunha paraxe solitaria e con excelentes accesos que permiten zonas de evacuación inmellorables. A súa proximidade a mencionada estrada Santiago-Lugo N-547, a autovÃa Santiago-Lugo, aos dÃstintos polÃgonos industriais da cidade, ao lugar de Lavacolla e a cidade de Santiago de Compostela, coas súas inmellorables infraestructuras hoteleiras, configuran unha zona perfecta para albergar esta iniciativa deportiva, de lecer e tempo libre. Ademáis, as instalacións contan con transporte público urbano dende o mesmo centro de Santiago de Compostela e transporte pola empresa Freire ao aeroporto, con paradas fronte as instalacións.
Con todo elo preténdese a organización de eventos e probas de carácter regional, nacional e mesmo internacional, co que se pretende converter a Santiago de Compostela nun polo de atracción para o público e aleccionados, e que sexa referencia a nivel deportivo para os prácticantes do mundo do motor.
